O festival solidario 'Hoxe toca Caamouco!', organizado pola Agrupación Instrutiva, conseguiu recadar 550 euros para a Asociación Española contra o Cancro en Ares. Dende a organización agradecemos a resposta excepcional do público, que acudiu á chamada da Agrupación e aportou o seu gran de area á causa. De feito, o salón de actos da entidade, tinguido de verde para a ocasión, quedou pequeno colgando de novo o cartel de completo. A recadación conseguiuse cos diversos sorteos da man dos patrocinadores do acto: El Obrador de Laura e O Forno de Cotos, ambos os dous establecementos situados en Caamouco, así como Supermercados Gadis, Supermercados Día e a artesá e veciña de Caamouco Luisa da Silva.
Neste concerto solidario participou preto dunha ducia de mozos e mozas de idades comprendidas entre os 13 e 24 anos de distintos puntos da comarca, como Ares, Ferrol, Fene ou Mugardos. A proposta serviu para poñer en valor o seu traballo e recoñecer o seu esforzo no longo camiño da formación musical. De feito, boa parte da rapazada que participou no concerto estuda no Conservatorio de Música Profesional Xan Viaño de Ferrol ou forma parte da banda aresá Xábrega, que colaboraron coa actividade.
A rapazada ofreceu ao público un recital no que o piano da Agrupación foi o gran protagonista, arredor do que xirou boa parte do concerto. Pero os mozos e mozas preparon tamén varias actuacións co acompañamento doutros instrumentos, como saxofóns, violíns ou violonchelo, por exemplo. No acto, que roldou as dúas horas, ofreceuse unha escolma de cancións seleccionadas ao gusto polos propios intérpretes. Foi unha combinación de música clásica con outras pezas contemporáneas que, sen dúbida, cativaron ao público dende o primeiro minuto.
‘Hoxe toca Caamouco!’ foi a primeira iniciativa organizada pola Agrupación a prol da loita contra o cancro, logo dun acordo entre a Sociedade e a Xunta Local en Ares da Asociación Española contra esta doenza. Dende A Agrupación xa trasladaron ás súas intregrantes a súa intención de seguir colaborando no futuro con eventos solidarios deste tipo.
A Agrupación Instrutiva de Caamouco reúne por vez primeira a futuras promesas da música da comarca nun festival solidario a favor da Asociación Española contra o Cancro. ‘Hoxe toca Caamouco!’ é o nome deste concerto de cámara que se vai celebrar este sábado 15 de marzo ás 19:00 horas na sede da Agrupación. A entrada e de balde e aberta a todo o mundo.
Preto dunha ducia de mozos e mozas de idades comprendidas entre os 13 e 24 anos daranse cita nesta proposta coa que se busca poñer en valoro seu traballo e recoñecer o seu esforzo no longo camiño da formación musical. De feito, boa parte da rapazada que participa no concerto estuda no Conservatorio de Música Profesional Xan Viaño de Ferrol ou forma parte da banda aresá Xábrega, que colaboran coa actividade. Proveñen de Ares, Fene ou Ferrol e, por suposto, a velada contará tamén con representantes de Caamouco.
A rapazada está a preparar un recital no que o piano da Agrupación será o gran protagonista. Arredor deste instrumento xirará boa parte do concerto. A rapazada intepretará pezas en solitario, pero tamén por grupos, co acompañamento de outros instrumentos, como saxos, oboe, violín e violonchelo, entre outros. Ofrecerán unha escolma de cancións, seleccionadas ao gusto polos propios intérpretes, que van dende a música clásica -con propostas de Chopin ou Beethoven-, pezas contemporáneas de Ludovico Einaudi ou Yann Tiersen, entre outros.
Evento solidario
‘Hoxe toca Caamouco!’ conta tamén cunha parte solidaria grazas a un acordo de colaboración ao que chegaron a Agrupación Instrutiva e a Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares, que permitirá a esta última entidade dar a coñecer en Caamouco o seu labor ao tempo que recada fondos.
Así, instalarase un peto solidario no que o público que o desexe pode facer achegas. Ao mesmo tempo, están previstos ata seis sorteos grazas á colaboración de distintos patrocinadores que aportan o seu grao de area á causa. En concreto son El Obrador de Laura e O Forno de Cotos, ambos os dous establecementos situados en Caamouco, así como Supermercados Gadis, Supermercados Día e a artesá e veciña de Caamouco Luisa da Silva.
Concello de Ares, 3 de febreiro de 2025.
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE, FAI SABER:
Que, ante o problema de picudo vermello que está a afectar ás palmeiras canarias (Phoenix canariensis) do Concello de Ares, un dos insectos máis dañinos para elas capaces de causar a súa morte, se recomenda á veciñanza informarse debidamente das posibilidades actuais para o seu tratamento.
De cara a facilitar a xestión colectiva desta praga, a Concellaría de Medioambiente convida á veciñanza a contactar co número de teléfono 677 12 41 21, en horario de 10:00 a 13:00 h. de luns a venres, co fin de elaborar un censo de palmeiras canarias afectadas na contorna de Ares e valorar as opcións dispoñibles no tocante aos seus tratamentos.
Ares, 3 de febreiro do 2025
O alcalde
Asdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo
Domingo, 20 de Febrero de 2011
La emigración gallega a América fue, con diferencia, la más numerosa de todos los territorios de España. La búsqueda de un futuro mejor, a veces simplemente de un futuro, motivó la mayoría de las partidas, aunque no siempre el efecto fue el deseado. Muchos echaron raíces, otros se quedaron en el camino rodeados de miseria y otros retornaron tras haber prosperado. Y lo hicieron con nuevas ideas y nuevas visiones no solo de la economía y la política, sino también de la arquitectura, la huella física más imborrable de todas las que dejaron.
reportaje de jose gómez
Páxina 1 de 2
Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.